Primeiro Equipo

Un Celta sólido e brillante suma unha gran vitoria ante o Levante

RC Celta

O Celta sumou a súa primeira vitoria da tempada ante o Levante nun partido no que defendeu con solvencia e atacou de xeito brillante. Sisto e Maxi anotaron os tantos celestes na primeira metade e Morales recortou de penalti no tramo final do choque. Debutou Okay no imponente triunfo céltico.

Tras un arranque con gran electricidade e un Levante desbordante de intensidade, o Celta asentouse, conectou cos de arriba e marcou. Aos dez minutos, Sisto recorta penetra e, case sen ángulo, coloca un espectacular dereitazo que supera por arriba a Oier.

Cos vigueses xa cómodos, ordenados e sólidos, chegou outra xogada enorme para anotar o segundo. Ían 20 minutos de xogo, Lobotka e Sisto fixeron unha fenomenal parede na banda, o danés arrincou e filtrou un pase marabilloso cara a Maxi, quen, con calma e precisión fronte ao meta rival, aumentou a vantaxe celeste. Os vigueses defenderon con acerto e xeraron boas opcións en ataque ata o descanso.

Trala reanudación, o Levante apertou e xerou diversas ocasións ben liquidadas pola zaga celeste. Ao Celta custáballe máis saír debido á feroz presión dos locais. Malia iso, as mellores ocasións chegaron para os vigueses con dous remates á madeira, de Sisto de falta e Araujo de cabeza, en tan só un minuto.

O Levante anotou de penalti no tramo final. O Celta volveu defender con unha enorme solidez e puido sentenciar á contra en varias ocasións. Gran vitoria nun campo extremadamente complicado, pero talismán para os vigueses.

FICHA TÉCNICA

1-Levante UD: Oier, Coke, Robert Pier, Postigo, Toño García, Jason (Raphael, min.59), Doukouré (Prcic, min.46), Campaña, Morales, Bardhi, (Rochina, min.70) e Roger.

2-RC Celta: Sergio, Hugo Mallo, Roncaglia, Araujo, Cabral, Júnior Alonso, Lobotka, Beltrán, Iago Aspas (Boufal, min.67), Maxi Gómez (Dennis, min.90) e Sisto (Okay, min.81).

Goles: 0-1, min 10: Sisto; 0-2, min.35: Maxi; 1-2, min.78: Morales, de penalti.

Árbitro: Hernández Hernández, do comité canario. Amonestou a Hugo Mallo, Boufal, Sergio, Campaña, Pier.

Campo: Ciutat de Valencia.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas