rafinha-alcantara-fichaje-celta-vigo-2019-2020.jpg
Primeiro Equipo

‘Un dos nosos’ para pechar un ilusionante plantel: Rafinha chega ao RC Celta

RC Celta

O último día do mercado de fichaxes sáldase para o RC Celta cun retorno especialmente ilusionante. Rafinha Alcántara regresa, pendente da revisión médica, ao conxunto celeste en calidade de cedido para completar un plantel con once canteiráns que xerou un gran entusiasmo no celtismo.

Rafinha creceu en Vigo, ‘xogou’ en Balaídos sendo un neno e mostrou sempre un gran agarimo e unha forte vinculación co RC Celta, co que disputou varios torneos en categorías inferiores. Queda no recordo da afección o seu gran rendemento na campaña 2013/2014, cando vestiu a camiseta celeste ás ordes de Luís Enrique.

Agora regresa para completar un gran plantel, á que achegará a súa enorme calidade, polivalencia, compromiso e ilusión. O talentoso xogador zurdo disputou no RC Celta 32 partidos nos que anotou catro goles e deu sete asistencias.

Rafinha será presentado no estadio de Abanca Balaídos nos próximos días.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas