Primeiro Equipo

Un gran Celta suma un valioso e escaso punto ante o Athletic Club

RC Celta

cel-ath_13-14.jpg

Gran primeira metade, con remate ao pao, nun choque intenso no que os celestes mereceron máis

 

O Celta realizou unha primeira parte magnífica, cun gran desgaste e un fútbol espléndido que mereceu premio, como nun gran remate de Charles que repeleu o pao. A segunda, máis equilibrada foi tamén intensa e disputada e os célticos acusaron o esforzo no tramo final. Ao final, empate escaso para os méritos dos locais, pero valioso punto.

 

Bo arranque do Real Club Celta nun partido intenso e de elevado ritmo. Aos 14 minutos chegou a primeira ocasión para os celestes, un bo cambio de xogo de Orellana e un remate de volea de Santi Mina que saíu moi preto do pau dereito de Iraizoz. Boa xogada celeste nun partido sen espazos, coas defensas ben plantadas e moita presión no centro do campo.

 

Charles lanzou alto pouco despois nunha nova chegada do conxunto local, moi concentrado e eficiente. Aos 24 minutos, gran pase en profundidade de Rafinha a Charles, quen quedou só ante a meta rival, pero o colexiado sinalou fóra de xogo que non parecía.

 

O Celta estaba a realizar un xogo magnífico nesa fase do choque, co Athletic metido atrás e incapaz de saír. Iraizoz evitou un tanto de Rafinha aos 28 minutos tras unha gran xogada pola esquerda. O porteiro rival desviou como puido o remate do celeste.

 

O pau evitou o gol, máis que merecido, dun gran Celta aos 42 minutos de xogo. Charles rematou con violencia e a madeira repeleu o coiro co meta batido. A primeira metade acabou cun inxusto empate para os celestes, que realizaron un gran esforzo e un xogo espectacular para superar por completo a un gran rival.

 

Tras a continuación, o Celta mantivo a intensidade e o dominio do partido, aínda que aos poucos o Athletic logrou ir equilibrando o choque e chegando de maneira esporádica. Os celestes parecían acusar o enorme desgaste da primeira metade.

 

Non había apenas ocasións e si unha feroz loita no centro do campo.

 

FICHA TÉCNICA

 

0-R.C.Celta: Yoel, Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny, Krohn-Dehli, Álex López (Nolito, min.63), Rafinha, Orellana, Santi Mina (Augusto, min.54) e Charles (Mario Bermejo, min.81)

 

0-Athletic Club: Iraizoz, De Marcos, Gurpegui, Laporte, Balenziaga, Mikel Rico, Iturraspe, Muniaín, Ander Hererra (Iraola, min.89), Susaeta (Ibai, min.74) e Aduriz (Kike Sola, min.65)

 

Goles: sin goles

 

Árbitro: Del Cerro Grande, do comité madrileño. Amonestou a Mikel Rico, Iturraspe, Herrera

 

Campo: Balaídos, 17.880 espectadores. Antes do comezo do partido gardouse un minuto de silencio na memoria do ex directivo do Real Club Celta entre os anos 1978 e 1982, Guillermo Rey Peniza, recentemente falecido.

 

Foto: Diego Pérez

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas