atletico-b-celta-b-wanda-ciudad-deportiva-141018.jpg
A Canteira

Un mal segundo tempo condena ao filial en casa do Atlético B (3-0)

RC Celta

O Celta B caeu por 3-0 na Cidade Deportiva Wanda ante o filial do Atlético de Madrid. Os de Albés asinaron un primeiros corenta e cinco minutos moi bos, nos que, con todo, non lograron marcar. Máis efectivo estivo o cadro madrileño nada máis comezar a segunda parte. Óscar adiantou aos colchoneiros no minuto corenta e sete, con tempo suficiente para unha reacción celeste. Tentárono os vigueses, que viron escapar a posibilidade dunha remontada en catro minutos fatídicos, na recta final do choque, nos que encaixaron outros dous goles.

Ao termo da oitava xornada, o Celta B sitúase oitavo na clasificación con trece puntos. Os celestes mídense o vindeiro domingo ás 12:00 en Barreiro ao Real Madrid Castela, segundo clasificado do Grupo 1 de 2ªB con dezaoito puntos.

FICHA TÉCNICA

3-ATLÉTICO B: San Román, Solano, Tachi, Monti, Samu, Mikel Carro, Segu, Carlos Isaac (Mollejo, min.80), Óscar (Manny, min.69), Joaquín Darío (Borja Garcés, min.84).

0-CELTA B: Iván, Manu (Molina, min.80), Alende (José, min.84), Ros, Pampín, Álex Serrano, Jacobo, Aarón Rei, Solís (Pastrana, min.64), Dennis Eckert.

Goles: Óscar (1-0, min.47), Joaquín (2-0, min.79), Darío (3-0, min.83).

Árbitro: Santos Pargaña, do comité andaluz. Amoestou a Tachi, Monti (Atlético B); Alende, Pampín, Solís (Celta B).

Campo: Cidade Deportiva Wanda-Atlético (630 espectadores).

 

RC Celta

Etiquetas

A Canteira A Canteira A Canteira Celta b Celta b Celta b Novas celta b Novas canteira Novas celta b Novas canteira Novas celta b Novas canteira

Noticias recomendadas