Unha representación de ex xogadores celestes visita a área de xeriatría do Hospital Meixoeiro de Vigo

geriatria4.JPG

 

O RC Celta, a través da súa Fundación, visitou este martes a planta de xeriatría do Hospital Meixoeiro de Vigo cun grupo de ex xogadores do conxunto celeste encabezado polo adestrador Eduardo Berizzo e o delegado do primeiro equipo Vlado Gudelj. Na visita estivo presente Atilano Vecino e tamén Borja Oubiña, Mario Bermejo, Ratkovic, Santi Castro e Ángel Medina, todos eles membros da secretaría técnica do RC Celta.

 

Durante a emotiva visita, os veteranos achegáronse ás habitacións para departir cos máis de 60 pacientes ingresados actualmente, algúns deles abonados do club, e entregarlles a todos varios obsequios do RC Celta como recordo.

 

geriatria1.JPG

Leave a Reply

1 + twenty =