Primeiro Equipo

Unzué: “Gústame empezar LaLiga en casa, preto da nosa xente”

RC Celta

juan_carlos_unzue_entrenador_celta.jpg

“Sempre é interesante empezar coa xente preto túa, animando e facéndonos un pouquiño máis fortes”, asegurou o adestrador celeste Juan Carlos Unzué tras coñecer o resultado do sorteo de Primeira División. O RC Celta iniciará a súa participación na competición ligueira en Balaídos ante a Real Sociedad, un rival que o técnico navarro considera “difícil para empezar” aínda que imaxina que os donostiarras “pensarán o mesmo sobre este enfrontamento”.

 

Sobre a segunda xornada, na que o equipo vigués visita o campo do Real Betis, Unzué destacou que se trata dun conxunto “cunha idea futbolística parecida á nosa”, feito que desde o seu punto de vista engade alicientes ao duelo: “Será un partido interesante”. Aínda que recoñece non darlle moita importancia aos calendarios porque “hai que xogar contra todos”, o adestrador do RC Celta subliña o valor de comezar en casa co apoio da afección e espera “poder comezar cunha vitoria esta nova tempada e este novo proxecto”.

 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas