MURILLO-PRESENTACIÓN-TW
Primeiro Equipo

Volve a enerxía e o liderado de Jeison Murillo: será celeste esta tempada

RC Celta

Foi un poderoso chorro de enerxía, optimismo e liderado. Converteuse nun baluarte da defensa celeste e nunha peza moi querida no vestiario. Volve Jeison Murillo, que será xogador do RC Celta esta tempada, a falta de recoñecemento médico e firma definitiva, cedido pola Sampdoria cunha opción de compra.

O internacional colombiano chegou durante o pasado mercado invernal ao conxunto celeste, no que disputou 18 encontros e anotou un gol. Aumentou deste xeito a súa ampla experiencia na Liga española, xa que con anterioridade xogou en Primeira División no Granada, Valencia e Barcelona. Tivo ademais un importante peso no Inter de Milan, conxunto co que disputou 69 partidos, anotou tres goles e deu dúas asistencias.

Jeison Murillo é ademais internacional absoluto con Colombia, selección coa que disputou unha treintena de encontros, entre eles da Copa América e de clasificación para a Copa do Mundo.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas