Hemeroteca celtismo

Wass recibe o premio ‘Xogador Estrella Galicia’ de Marzo

RC Celta

wasspremioeg.jpg

 

Daniel Wass recibiu este martes o premio ‘Xogador Estrela Galicia’ ao mellor xogador céltico de Marzo. O xogador obtivo o 71,38% dos votos emitidos por parte da afección celtista nas redes sociais do club, Twitter e Facebook, un total de 2.165 votos, encabezando unha clasificación seguido por Gustavo Cabral, cun 16,35% dos votos, e Tucu Hernández, cun 12,27% do apoio popular.

 

A entrega do premio tivo lugar esta mañá na Cafetaría Tapería Pintan Tapas, onde Wass manifestou que sente moi feliz e agradecido polo apoio da afección. Nas súas propias palabras, “estou moi contento en Vigo e gozando moito do fútbol. Espero poder seguir mellorando e devolver o agarimo á afección co meu traballo”.

 

En relación ao partido do próximo xoves contra o Genk, dixo que “o equipo sabe que este partido é histórico e imos loitar por pasar a semifinais e dar unha alegría á nosa afección”.

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas