noticia web escuelas
Fundación

Xa podes inscribirte nas Escolas de Fútbol da Fundación Celta 2020-2021

RC Celta

Xa está aberta a inscrición das Escolas de Fútbol da Fundación Celta da tempada 2020 – 2021.

O inicio da nova tempada dará comezo o 5 de outubro.

As Escolas de Fútbol da Fundación Celta comezarán a súa actividade no mes de setembro (aínda que a matrícula estará aberta todo o ano) en dúas sedes:

  • Instalacións da Cidade deportiva da Madroa. Luns, martes, mércores e/ou xoves, en horario de 17:45 h a 18:45 h.
  • Campo Federativo de Coia. Martes e/ou Xoves, en horario de 18:00 h a 19:15 h.

Con 24 anos de experiencia na formación de futbolistas, as escolas de fútbol están destinadas a mellorar as capacidades técnicas e condicionais de mozos e mozas de entre 4 e 16 anos.

Este ambicioso proxecto pretende ser un referente na formación de futbolistas e foi deseñado para ofrecer un curso do máis alto nivel adaptado ás diferentes necesidades dos novos futbolistas. É impartido polos mellores preparadores da canteira do Real Club Celta.

Activaranse todos os protocolos necesarios segundo as indicacións das autoridades sanitarias para garantir a seguridade e benestar dos participantes, nenos e nenas de entre 4 e 16 anos que poderán gozar de xornadas lúdico-deportivas en grupos reducidos ao aire libre baseadas nos valores do deporte de equipo.

Unhas escolas as deste ano, con prazas limitadas para poder cumprir cos requerimentos en materia de seguridade e onde aplicaremos unha serie de medidas de seguridade de acuerdo con o PROTOCOLO FISICOVID – DXT GALEGO REAL FEDERACION GALEGA DE FÚTBOL creado da man da Xunta de Galicia, Deporte Galego e a Federacion Galega de Fútbol.

 

PROTOCOLO ESPECIAL COVID-19 ESCOLAS

Describiremos as medidas de seguridade en 5 momentos diferentes relacionados coa actividade:

ANTES DE CHEGAR ÁS INSTALACIÓNS

· Realizar autotest previo: control de febre, tose ou dificultade para respirar.

· Desprazamento con convivintes

· Mans desinfectadas

· Uso de máscara (levar tamén portamáscaras). Obligatorio desde 6 anos e recomendable de 3 a 5 anos.

· Acudir coa uniformidade de adestramento e calzado posto, e desinfectado

· Levar a súa propia botella de agua para hidratarse e personalizar a botella para evitar confusiones.

ENTRADA NAS INSTALACIÓNS

··Chegar ás instalación de xeito escalonado. 

· Só se permitirá o acceso aos alumnos das escolas.

· Recepción na entrada por parte dun adestrador

· Control de temperatura

· Desinfección de mans e calzado

· Uso de máscara obrigatorio desde 6 anos e recomendable de 3 a 5 anos

· O uso de vestiarios dependerá das medidas dispostas polos responsables das instalacións e sempre cumprindo as medidas de seguridade pertinentes: en calqueira caso sempre disporemos dunha zona habilitada para deixar mochilas e máscaras

ADESTRAMENTO

· Grupos de adestramento reducidos e pechados (máximo 10 nenos/as)

· Control da distancia de seguridade (mínimo 1,5 metros): non haberá contacto entre xogadores/as

· Uso opcional da máscara

· Desinfección de mans o remate de cada unha das tarefas

· Non se comparte material de adestramento entre grupos

SAÍDA DAS INSTALACIÓNS

· Control da saída por parte dun adestrador

· Desinfección de mans e calzado

· Uso de mascarilla obrigatorio desde 6 anos e recomendable de 3 a 5 anos

· O uso dos vestiarios dependerá das medidas dispostas polos responsables das instalacións e sempre cumprindo as medidas de seguridade pertinentes: en calqueira caso sempre disporemos dunha zona habilitada para recoller as mochilas e máscaras

· Saida por grupos de adestramento

DESPOIS DE SAÍR DAS INSTALACIÓNS

· Desprazamento con convivintes

· Desinfección de mans

· Uso de mascarilla obrigatorio desde 6 anos e recomendable de 3 a 5 anos

· Ducharse

· Desinfección dos uniformes de adestramento e calzado 

· Realizar autotest posterior: control de febre, tose ou dificultade para respirar.

NOVIDADES PARA O NOVO CURSO 2020 – 21

TORNEO ESCOLAS DE FÚTBOL FUNDACIÓN CELTA Como complemento á competición amigable que iniciamos a pasada tempada organizaremos un torneo onde xuntaremos na cidade deportiva de A Madroa todas as escolas de fútbol que a Fundación Celta posúe na comunidade autónoma. Ademais de gozar xogando ao fútbol trátase de pasar unha xornada de convivencia con nenos e nenas doutras zonas e outros clubs.

CAMISETA DE ADESTRAMENTO PERSONALIZADA.Para todo aquel que o desexe, terá a posibilidade de personalizar a súa camiseta de adestramento con:

 – Nome propio do neno/a
– Número do xogador preferido do RC Celta

Unha vez posta en marcha a actividade informaremos do procedemento para levar a cabo dita personalización.

Obtén información detallada e consulta condicións e mais vantaxes aquí.

 

PREZOS, MATRÍCULA E MENSUALIDADES

CIDADE DEPORTIVA DA Madroa (luns, martes, mércores e/ou xoves) 

  1. Matrícula: 60 euros, con equipamento incluído
  2. Matrícula: 25 euros, sen equipamento incluído (só para xogadores FEDERADOS noutros clubs)

1 día por semana; 30 euros ao mes

2 días por semana; 45 euros al mes

3 días por semana; 55 euros ao mes

4 días por semana; 60 euros ao mes

*Equipamento completo composto por camiseta, pantalón, calcetíns, suadoiro, chubasquero e mochila.

CAMPO FEDERATIVO DE COIA (martes e/ou xoves) 

  1. Matrícula: 60 euros, con equipamento incluído
  2. Matrícula: 25 euros, sen equipamento incluído (só para xogadores FEDERADOS noutros clubs)

1 día por semana, 30 euros ao mes

2 días por semana, 45 euros ao mes

*Equipación completa compuesto por camiseta, pantalón, calcetines, sudadera, chubasquero, mochila.

Inscripción sede Cidade Deportiva de A Madroa

Inscripción sede Campo Federativo de Coia

*Equipamento completo composto por camiseta, pantalón, calcetíns, suadoiro, chubasquero, mochila.

 

 

RESTO DE SEDES

CAMBADOS CAMPO MUNICIPAL DE O POMBAL (CAMBADOS) COMEZO 7 DE OUTUBRO INFO INSCRÍBETE AQUÍ
RIBEIRA CAMPO MUNICIPAL DE A FIEITEIRA (RIBEIRA) COMEZO 7 DE OUTUBRO INFO INSCRÍBETE AQUÍ
 O GROVE CAMPO DE FÚTBOL MONTE DA VILA (O GROVE) COMEZO DATA POR CONFIRMAR INFO INSCRÍBETE AQUÍ
VELLE CAMPO DE FÚTBOL MONTE DA AIRA (OURENSE) COMEZO 7 DE OUTUBRO INFO INSCRÍBETE AQUÍ
MOAÑA CAMPO DE FÚTBOL IAGO ASPAS JUNCAL, O CASAL (MOAÑA) COMEZO 5 DE OUTUBRO INFO INSCRÍBETE AQUÍ
A ESTRADA CAMPO NOVO MUNICIPAL A ESTRADA (A ESTRADA) COMEZO DATA POR CONFIRMAR INFO INSCRÍBETE AQUÍ
RC Celta

Etiquetas

Fundación

Noticias recomendadas