lobo.jpg
Celtismo

Xa podes xestionar en ABANCA Balaídos a túa praza no autobús a San Mamés

RC Celta

O RC Celta afronta este domingo en Bilbao un partido crucial na súa carreira pola permanencia. O equipo celeste, como ven sendo habitual nos seus últimos encontros a domicilio, estará acompañado por centenares de afeccionados celestes.

Todos aqueles abonados que tramitasen a súa entrada para San Mamés e reservasen un sitio nun dos autobuses gratuítos que fretará o club xa poden confirmar a súa praza no estadio ABANCA Balaídos. Ademais, calquera abonado pode reservar varias prazas no mesmo autobús para outras persoas sempre que presente os correspondentes xustificantes de compra de entradas que cada abonado recibiu por correo electrónico.

O horario das billeteiras, tanto para conseguir unha entrada como para tramitar unha praza no autobús, é de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. A data límite para confirmar o asento no bus é o venres 10 de maio ás 14.00 horas.

Nota: a saída dos autobuses está programada para o domingo ás 06:00 da mañá desde a recta da bancada de Río (Avda. Citroën).

Nota 2: persoal do club estará presente na porta 20 de San Mamés nos prolegómenos do partido para entregar as entradas físicas a aqueles abonados que prefiran realizar o cambio no mesmo estadio bilbaino, presenteando o seu resgardo de pago.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas